CRAVdesaias

Blog da equipa feminina do Clube de Rugby de Arcos de Valdevez

segunda-feira, julho 10, 2006

Fim de semana

Lalín acolle unha concentración de xogadoras de rugbi sub-18
Xogadoras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Madrid e Andalucía daranse cita nesta novidosa iniciativa

08/07/2006
A Fundación Deporte en Lalín e a Asociación Rugbi Femenino están a ultimar os detalles de preparación da Concentración Nacional de Rugbi Femenino Sub-18 que se celebrará dende o luns ata o vindeiro venres en Lalín e na que xa está confirmada a participación de alomenos 25 xogadoras de Galicia, Cataluña, País Vasco, Madrid e Andalucía.

Mañá está prevista a chegada das primeiras rapazas e monitoras e o resto ten previsto chegar a Lalín o luns pola mañá. Todas as participantes aloxaranse no Albergue Xuvenil Municipal “Vicente Agulló”.

O programa de traballo desta concentración combina sesións diarias de adestramento no ximnasio e no campo de herba sintética do estadio Manuel Anxo Cortizo con actividades complementarias como obradoiros, descenso en kayak, volei-praia, sendeirismo e hockei herba, entre outras. Entre as monitoras desta iniciativa destaca a presenza da internacional lalinense Rocío García Eiras, que tamén é membro da Asociación Rugbi Feminino.

Esta concentración sub-18 será a antesala do Seven Internacional Masculino e Femenino que se disputará o vindeiro sábado día 15 no estadio Manuel Anxo Cortizo.

in http://www.lalin.org/